images SOLIDARIDADE
366f01a4eda9968fe14aabfaade9ef2b_L

CONVENIO CONCELLO DE MARIN, FGB, PXG

(Info: Concello de Marín)

O Concello de Marín, a Federación Galega de Baloncesto e Clube Baloncesto Peixefresco  asinaron o xoves 28 de abril, un convenio en prol da posta en marcha de actividades do ámbito federativo nesta vila.

 O acto de sinatura estivo presidido pola alcaldesa de Marín, María Ramallo; o Presidente da Federación Galega, Francisco Micó; e polo Presidente do clube Peixefresco, Javier Lage; ademais do directivo do mesmo, Luis Santiago.

O máximo dirixente FGB agradeceu novamente a Marín, ao Concello, e en particular ao Club, pola súa grande labor no mundo do baloncesto, a cal quedou plasmada co recente éxito do ascenso do equipo a LEB Ouro. Martín lembrou o éxito organizativo da localidade nos tres Campionatos de España celebrados nos anos 2012, 2013 e 2014 e animou ao club e á alcaldesa da vila a seguir medrando co deporte da canastra.

O convenio inclúe a celebración de diferentes actividades nas que as tres institucións colaborarán de xeito común, co fin de converter a Marín no epicentro do baloncesto galego nesta tempada e nas seguintes, tendo como base do mesmo a preparación das diferentes seleccións galegas de cara a súa actividade anua




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *