APOIAMOS A ASOCIACION BICOS DE PAPEL

13232879_10154143583809076_4564831195917816502_n

V Claustro Docente FGB

(fonte FGB:  http://www.fegaba.com/actualidade/adestradores/item/2133-v-claustro-docente-fgb)

Nova e máis que atractiva edición para o Claustro Docente FGB. O vindeiro 5 de xuño, en Marín (Pavillón Municipal A Raña) ; a Área Deportiva FGB reunirá a catro grandes profesionais do baloncesto nacional para, xunto a eles, dar forma á quinta edición do seu particular “Claustro”.

Así, neste marco didáctico, serán os experimentados técnicos Javier Llorente, Tito Díaz, Miguel Ángel Ortega e Jota Cuspinera, os catro relatores de excepción para esta nova actividade da FGB, a cal segue a avalar os altos niveis de calidade a oferta formativa para os adestradores galegos.

Os detalles deste V Claustro contemplan, polo momento, a orde de intervencións e os horarios de cada unha das charlas previstas, agardando dar a coñecer tamén en vindeiros días as temáticas e os pormenores da presenza de cada un dos catro grandes protagonistas deste evento:

11:00 h – Javier Llorente (Adestrador Marín Ence Peixe Galego. LEB Oro)

12:30 h – Tito Díaz (Adestrador Leyma Basquet Coruña. LEB Oro)

17:00 h – Miguel Ángel Ortega (Adestrador Perfumerías Avenida. Liga Feminina)

18:30 h – Jota Cuspinera (Adestrador Montakit Fuenlabrada. Liga Endesa)

Inscrición
Este “V Claustro Docente FGB”, cargado de alicientes, ofrece dende xa a posibilidade de inscribirse de xeito gratuito, completando previamente o único requisito de solicitalo vía mail a través de adestradores@fegaba.com, indicando datos persoais e club de procedencia.

A participación neste caso virá tamén acompañada da validación formativa FGB para os alumnos dos cursos, contabilizando a súa asistencia completa ás catro charlas por un total de 12 HORAS.




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *