images SOLIDARIDADE
7

AS NOSAS PEIXIÑAS FINALISTAS DA LIGA GALEGA ALEVIN

Finalistas da Liga Gallega Alevin !

As nosas peixiñas a pesares de perder no tempo de desconto ante o lider do grupo, O CB Vilagarcia , acadou a  clasificación para a fase final do título autonómico que disputarán os oito  mellores equipos galegos.

Nun reñido e emocionante partido cargado de emocións que se resolveu nos derradeiros segundos do tempo de desconto por un exigüo Pxg 53 – CB Vilagarcia 54, ambos equipos deixaron patente a calidade e o espiritú de loita que atesoran.

O marcador mantivose igualado ao longo dos 48 minutos, con intercambio de canastas, atá chegar ao final do tempo regulamentario con un 48-48 que resumía de xeito incontestable o acontecido na cancha.A prórroga convertiuse nun cara o cruz atá que as de Vilagarcia se escaparon 54-50 que parecia deinitivo, pero un triple deixou o marcador 53-53 e 12 segundos por xogar, pero non foi posible.

Non se pode pedir mais, unha tempada fantástica das peixiñas  co colofón da fase final da Estrada a vinbdeira semana, onde habera presencia do premini masculino.

Noraboa Peixiñas ! Forsa Peixe !!

 




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *