GRAN FIN DE TEMPORADA DO MINI FEMININO NO CAMPIONATO GALEGO

Enorme fin de temporada das peixiñas na fase final do campionato galego, un equipo que creceu moitísimo ó longo deste ano.

As de Pablo Alonso tiveron que enfrontarse en cuartos de final a un clásico do baloncesto galego coma é o Real Club Celta, que remataría coma campión galego.

Nun partido loitado hasta o derradeiro segundo, que se mantivo igualado ao longo de todo o encontró con diferenzas de 6 puntos, pero no que no último cuarto as viguesas conseguiron impoñerse por 56 – 40.

Brillante papel das nosas xogadoras o desenrolado este ano, competindo ao máximo nivel durante todas as fases da competición deixando constancia do gran traballo que está a facerse nas categorías base do noso equipo.

Mais información: Fegaba

 

 




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *