PREMINI 06 SUBCAMPION GALEGO

Os nosos golfiños acadaron o subcampionato galego na fase final xogada na Estrada este pasado fin de semana.

En cuartos de final enfrontáronse o campión ourensán, o Bosco Salesianos, e nun grandísimo encontro impuxéronse 75-40. Os de Julian Bravo acadaban o pase as semifinais para xogar o día seguinte ante Club Baloncesto Montrove.

Nun partido moi disputado, con curtas diferencias, no que os peixiños estiveron sempre por diante no marcador, obrigounos a esforzarse moitísimo para impoñerse aos de Oleiros, un equipo con moito talento ofensivo. Así que a calidade do rival, as faltas, con 3 eliminados no noso bando e os problemas físicos que viñan arrastrando algúns dos nosos nenos, poñen en valor todavía mais esta victoria. Os de Montrove nun enorme esforzo final acercáronse a 3 puntos e dispuxeron dun triple para forzar a prórroga, pero o balón foi rexeitado polo aro. 49-46 e pase a final.

Na fase final, nos agardaba CB Narón, un equipo moi intenso, ben traballado e que viña de eliminar a Peleteiro por 83-45 e Porriño en cuartos. O partido estivo loitadísimo, se ben é certo que os de Narón levaron a iniciativa no marcador non conseguían despegarse. As pesares dos problemas físicos no derradeiro cuarto estivemos moi cerca, pero o final os do norte impuxéronse merecidamente por 7 puntos 57-64.

Enorme éxito dos peixiños, excepcional traballo dos adestradores, Julian Bravo, Josúe, Edu,… que pecha unha temporada de ensoño para os nosos pequenos.

 

SEMIFINAL: MARIN PEIXEGALEGO – MONTROVE

 




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *