images SOLIDARIDADE
22

CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL: GRUPO E HORARIOS

Os nosos peixiños loitarán a partires de mañá no Campionato Endesa Infantil, xuntos os 32 mellores equipos de España, xogaremos en Sarria, a outra sede é Lugo e Sarria.

Os infantís de Pablo Alonso quedaron encadrados no grupo F xunto a Crown Jairis de Alcantarilla, campión murciano e segundo as informacións que nos chegaron un potentísimo equipo. Un clásico como é Unión Financiera baloncesto Oviedo, primeiro clasificado do Principado de Asturias, e pecha o grupo Doutor Azúa de Zaragoza, unha cidade que transpira baloncesto polos catro costados e que chega como 2º de Aragón.

O sistema de competición é igual que nos Campionatos Endesa Júnior e Cadete, xa celebrados. Oito grupos de 4 equipos cada un ordenados por cabezas de serie. Dous Grupos A, B, C e D, clasifícanse para oitavos os tres primeiros. Dos Grupos E, F, G e H, obterá o pase a oitavos o líder de cada grupo. A partir deste punto, as eliminatorias serán directas para dar co campión de España.

Mais información

22




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *