images SOLIDARIDADE
1

6 PEIXIÑ@S COA AROUSANA NA XUNTANZA PREMINI

Fuente: FGB

Como e tradición a FGB convoca a   “Xuntanza” de seleccións zonais de Preminibasket en categoría masculina e feminina. Este ano s levará a cabo este domingo 19 de xuño na fermosa vila de Noia.

Os 14 equipos, e dous combinados galegos da xeración de 2007, terán un ano mais a oportunidade de vivir unha grandísima experiencia de convivencia a través do baloncesto nun formato non competitivo.

O evento terá lugar nos Pavillóns Alonso Rodríguez (Pista 1 e 2) e no Municipal (Pista 3), organizado pola FGB, C.B. Noia e o Concello de Noia. Nesta vila  se concentrarán os  160 xogador@s chamados a participar nesta “Xuntanza Preminibasket”, baixo convocatoria pechada, polos responsables deportivos FGB.

O peixegalego segue aportando xogador@s como en ocasiones anteriores, e este ano teremos no combinado feminino a Natalia e Daniela. No equipo masculino estarán, Lolo, Nico, Pablo e Dani P.

Mais información: http://www.fegaba.com/actualidade/item/2174-o-preminibasket-protagonista-en-noia-coa-xuntanza-fgb

#porunpeixedeouro




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *