images SOLIDARIDADE
clasificatorias

CLASIFICATORIAS PREVIA LIGA GALEGA

 

Xa temos formato para as fases clasificatorias da previa da liga Galega que terán que afrontar os nosos equipos tanto Junior Masculino coma infantil feminino.

Para facelo nas mellores condiciones posibles xa empezaron os adestramentos.

FASE JUNIOR MASCULINA:  

Xogarán 16 EQUIPOS para duas prazas. 4 grupos de 4 equipos por sorteo puro que disputarán unha liga a unha volta (sortearánse tamén os números non admitindo peticións).

As datas nas que se celebrarán os encontros será no vindeiro mes de  Setembro, os días  10, 17 e 24

O primeiro clasificado de cada grupo  disputará a semifinal por sorteo puro, o día 08/10/17, nunha cancha a determinar pola  Federación galega de Baloncesto (FGB). Os gañadores destes encontros ascenderán a 1ª división Junior Masculina.

junior masculino

 

INFANTIL FEMININO,

No caso das peixiñas terán que afrontar a sua eliminatoria nun  formato onde 14 EQUIPOS loitarán por Catro prazas.

Formaránse 2 grupos de 3 equipos e 2 de 4 equipos, por sorteo puro que disputarán unha liga a unha volta (sortearánse tamén os números non admitindo peticións), as datas serán as mesmas 10, 17 e 24 de Setembro: 

O dous primeiros clasificados de cada grupo, ou sexa, 8 equipos disputarán unha eliminatoria, o día 08/10/17, nun lugar a determinar pola FGB . Os gañadores destes encontros ascenderán a 1ª división Infantil Feminina.

1º Grupo A – 2º Grupo D

1º Grupo B – 2º Grupo C

1º Grupo C – 2º Grupo B

1º Grupo D – 2º Grupo A

infantil femenino




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *