images SOLIDARIDADE
Memorial-Quino-Salvo

PEIXES NO QUINO SALVO

Como non podía ser doutro xeito, Quino Salvo forma parte da historia e do corazón do Marín Peixegalego. E nos gusta pensar que todos os valores que acompañaron a Quino dentro e fora da cancha permanecen na esencia do noso club. Tomando prestadas as verbas da Asociación Memorial Quino Salvo organizador, traballo, constancia, sacrificio, liderazgo, xenerosidade, humildade e compañerismo, son as señas de identidade que queremos para os nosos rapac@s.

Os membros da Asociación Memorial Quino Salvo tiveron a deferencia de convidarnos a participar no torneo alevín, e asi poderlle adicar unha pequena homenaxe a un xogador que xa forma parte da lenda do baloncesto.

A oportunidade de competir e sobre todo de convivir e compartir unha xornada de baloncesto chea de emocións, será unha oportunidade única de contribuir ao #siemprequino.

Lembrar que no conxunto de eventos que rodearan esta merecidísima e obrigadísima cita, ademais do torneo alevín, estará o encontro entre o Obradoiro C.A.B e o F.C. Barcelona Lassa. O clinic de adestradores, Sito Alonso, Moncho Monsalve, Pablo Laso Sr, Pepe Casal. A exposición fotográfica e a cea do baloncesto galego.

No torneo alevín masculino participarán ademais do Marin Peixegalego, Porriño Baloncesto e salesianos de Vigo que conformaran o grupo B.

No A estarán, Novobasket, Seis do nadal e CEIP Garcia Barbón.

Enlaces de interes:

http://memorialquinosalvo.com/

http://memorialquinosalvo.com/torneo-alevin/

http://www.peixegalego.com/?p=2850

http://www.peixegalego.com/?p=2748

quinoquino 2

 




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *