junior 2

JUNIOR: CBM 69 – K-NOBBE PXG 73

Primeira vitoria do equipo Júnior adestrado por Diego Gómez, na cancha de Canide ante o equipo local do Montrove.

Os de Oleiros, cun equipo con mais centímetros, e cargando moi ben o rebote, obrigaron ao peixiños traballar moi duro no peche da súa zona.

O Peixegalego mantivo a iniciativa no marcador con exiguas vantaxes ata que se acadou o descanso. Indo por riba no marcador nos dous primeiros cuartos, con marcadores parciais de 18-21 e 33-39 respectivamente.

A saída dos vestiarios trouxo consigo unha saída en tromba do rival, e un maior desacerto dos peixes.

Un parcial de 13-0 neste terceiro cuarto, puso os coruñeses cunha diferenza de 10 puntos a favor, cando o marcador sinalou o fin dos 30 minutos, 55-35.

Así que no derradeiro tempo os nosos Júnior tiñan que botar o resto para intentar recortar a vantaxe e ter opcións de gañar o encontro para así manter intactas tódalas súas opción de seguir adiante nesta fase previa da liga galega júnior.

Os nosos fixeron o seu traballo, a pesares de que o partido endureceuse, conseguiron o enxugue da diferenza, e colocarse por diante. Pero non estaba todo rematado, os xogadores do Montrove, poñían o balón en xogo a falta de 7 segundos, os árbitros sinalaron falta intencionada do peixe. Dous tiros libres e banda. Non estiveron acertados dende a liña de 4.60. E erraron na posterior xogada.

Vitoria importantísima que viaxa cara Marín, xunto co sabor do traballo ben feito despois destas semanas de intensos adestramentos.

Sen dúbida moitos aspectos ainda por pulir, estamos prácticamente na pretemporada, pero moi bóas sensacións.

Así que partido crucial, o que xogaremos en Ferrol a vindeira semana. Lembremos que o sistema de clasificación desta fase previa en categoría Júnior, consiste nunha liga a unha volta, onde o primeiro clasificado de cada grupo disputará a semifinal por sorteo puro, o día 08/10/17, nunha cancha a determinar pola Federación galega de Baloncesto (FGB), e os gañadores destes encontros ascenderán a 1ª división Júnior Masculina.

http://www.peixegalego.com/?p=4735

http://www.advalleinclan.es/primer-partido-del-junior-en-la-fase-previa/

http://www.peixegalego.com/?p=4626

 

junior masculino




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *