cronica (2)

CRÓNICA DA XORNADA: SALDO POSITIVO

A crónica da xornada finiquitouse con saldo positivo para o Marín Peixegalego.

3 equipos entraban en liza neste fin de semán. O preinfantil e infantil feminino, e o júnior en categoría masculina.

PREINFANTIL FEMININO

O sábado as 12 da mañan, saltaban a pista as de Pablo Alonso. O equipo visitante eran as coruñesas do  Maristas Champagnat. Saída en tromba das peixiñas que se fixeron co contro do partido e xa non o soltaron atá o final. O xogo rápido, a boa defensa e o dominio da zona, deixaron un resultado final de 58 – 7 que aúpa as nosas ao primeiro posto nesta xornada inicial.

RESULTADOS Y CLASIFICACION

cronica

 

JUNIOR MASCULINO

Os junior tiñan unha complicadísima saída, a visita ao  potente Gabadi Basket Ferrol. O partido xogado no Pavillón Javier Gomez Noya, tivo un claro domiñador, que foi o equipo ferrolán, un feito que non menoscaba o traballo dos peixes, que loitaron e non tiraron a toalla en ningún intre do partido.

Partido ante Montrove

FASE PREVIA JUNIOR

JR

INFANTIL FEMININO

O remate da xornada chegaba o venres as 19.00 en Riazor ante o equipo de Calasancias.

O Partido estivo controlado en todo momento polas xogadoras peixiñas.

O adestrador plantexou un partido con transicións rápidas para intentar contrarrestar a maior altura do equipo local. E esa foi a tónica xeral ata acadar o derradeiro cuarto, onde esa superioridade fixo aparición sobre o parqué e permitiu as de A Coruña recortar distancias ata poñerse nun apertado 40-44.

Un último esforzo final permitiu as nosas manter a iniciativa no marcador, para rematar cun definitivo 42-49 cando os cronómetro marcou o tempo cero.

Importantísima vitoria para encarar a vindeira xornada na casa ante o Extrugasa Rio Ulla, e manter intactas as opcións de poder entrar na liga galega.

Parabéns as peixiñas polo partido disputado, mantiveron moi alto o listón competitivo durante os 40 minutos, ante un equipo de moito nivel.

RESULTADOS Y CLASIFICACION

infa




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *