obradoiro

OBRADOIRO CAMPION 8ª COPA GALICIA

O Monbús Obradoiro levouse o título da Copa Galicia de Baloncesto 2017 disputada en Marín, logo de impoñerse in extremis ao Cafés Candelas Breogán por 75 a 71.

Os da ACB tiveron que dalo todo para impoñerse a un Breogan que constatou as boas sensación amosadas na semifinal do ventes ante Ourense.

A primeira parte do encontro estivo moi parella, o incombustible Salva Arco con 11 puntos, o pivote brasileiro Leo Demetrio case en dobres figuras, 12 puntos e 8 rebotes, e o aleiro sueco Löfberg en números similares 14 e 7 confirmando o acertado da aposta por este xogador que militara en Oviedo a pasada temporada. Ese nivel de acerto e a boa dirección tiñan como resultado que os breoganistas levaran a iniciativa no marcador na segunda parte, e que a piques estiveran de levarse o triunfo final.

Pero surxiu a parella formada Matt Thomas Nacho Llovet, para que un desde o perímetro e outro no xogo interior decantasen a balanza para os santiagueses.

Matt Thomas, ex dos ciclóns de Iowa State puso de manifesto todas a virtudes que que leva amosando toda a pretemporada, un tiro letal con elevados porcentaxes e boas selección combinado cun gran traballo atrás (21 puntos con 5/6 en triples). Xunto a aportación de Nacho Llovet (17 puntos) propiciaron que Obradoiro se puísese por diante nos derradeiros segundos. Os de Lugo tiveron a oportunidade de loitar polo empate, pero una pérdida propiciou que os de Santiago perderon lograran a súa oitava Copa Galicia.

Marca: Thomas y Llovet dan a Obradoiro su octava Copa de Galicia ante un gran Breogán

Semifinales: Breogan 86 – COB 64

Galeria Foto: Fruki

Previa




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *