images SOLIDARIDADE
minicopa

OS PEIXIÑOS CAMPIONS DA MINICOPA

A minicopa Galicia trouxo a Marín un verdadeiro espectáculo de baloncesto de formación, e unha oportunidade de compartir unha preciosas xornadas do noso deporte no seu estado mais puro.

Os Peixiños que dirixe Julián Bravo conseguiron que o título non se fose de Marín tras vencer na final ao Obradoiro por 76 23 na mañan do domingo.

A tarde do sábado empezaba coa competición  na fase de grupos.

No grupo A estaban encadrados Xuven de Cambados, Leyma básquet de Coruña e o Marín Peixegalego. Pola outr parte do cadro, Estudantes de Lugo, Bosco de Ourense e Obradoiro de Santiago disputaban o pase a seguinte ronda.

Os Peixinhos empezaron a competición moi enchufados, e impuxéronse tanto  a cambadeses coma coruñeses acadando así a primeira praza do grupo e agardando rival par o cruce de semifinais.

Nese grupo Obradoiro e Estudantes xogaban un disputadísmo partdo que se resolveu  por tan só un punto de diferencia  a favor dos Santiagueses. Co cal quedaban asinadas os cruces de de semifinais onde, Marín Peixegalego xogaría ante Estudiantes, e Obradoiro agardaba por Leyma Basquet Coruña.

Nas semifinais ámbolos dous equipos que acadaran a primeira praza gañaban os seu  encontros e se citaban para a final do domingo as 12 da mañá.

A final escomenzaba cun  primeiro cuarto igualado, con moito caerto no tiro exterior dos santiagueses e os nosos un pouco nerviosos.

No segundo cuarto, os peixiños aumentaron o ritmo en defensa e conseguiron abrir unha diferencia que irían consolidando e aumentando  durante o resto do partido,  conseguindo que finalmente o título non saíse do pavillón da raña, deixando no electrónico o definitvo 76 – 23.

Fermoso espectáculo de baloncesto o ofrecido por todos os equipos, as familias e as aficións que viviron as xornadas con emoción e respeto.

Felicitar a todos e a todas porque o verdadeiro campión deste torneo é o baloncesto galego.

La Voz

Previa




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *