mini

REPRESENTACIÓN PEIXIÑA NA FGB

Moita representación Peixiña nas actividades da FEGABA (Federación Galega de Baloncesto).

Por unha banda a convocatoria novamente de Marta Sanmartín para a convocatoria da preselección galega infantil.

E por outro lado a “Xuntanza” de Minibasket celebrada o dia 30 en Xinzo Da Limia, en categorías tanto masculina como feminina que tivo lugar en Xinzo, que forma parte do traballo de tecnificación e avaliación nesta temporada, e onde se reunen  aos sete combinados zonais, máis dous grupos e xogadores e xogadoras de ámbito autonómico de primeiro ano.

Ademais dos xogadores e xogadoras convocados: Noelia, Daniela, Sara, Nico, Lolo, Dani, Teo, Gabri, Miguel, Pablo e Dani, tivemos a Pablo Alonso como representante dos adestradores do peixe, no seu novo rol de seleccionador mini feminino arousan, e dous ex-peixes, ben queridos nesta casa, como  “Larry” adestrador da selección zonal da Coruña e Dani Fuentes, membro do corpor técnico da federación galega e segundo adestrador da selección galega da categoria.

#forzapeixe

Xuntanza Mini




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *