cadete c

MARIN PXG C 16 – 81 CB O MECO

MARIN PEIXEGALEGO C 16 – 81 MECO FISIOTERAPIA SOLPOR

O Marin Peixegalego cadete C  enfrontábase a un dos equipos máis potentes da liga arosana, o C.B. O Meco. Partido que abría a xornada do fin de semana  na Raña, correspondente a  2ª división cadete da liga arousan.

Un partido que estivo condicionado pola maior superioridade física dos do Grove. Nun primeiro cuarto moi contido no aspecto anotador, con moitos erros e predominio das defensas o tanteo quedou nun pírrico  2-8.

No segundo cuarto esa superioridade física fíxose manifesta e engadida a unha maior intensidade defensiva dos mecos, resultou nunha brecha importante no marcador 4 – 28.

A saída do descanso seguiu nunha tónica similar, onde os peixiños tentaban facer o seu xogo, pero o físico dos mecos penalizaban os nosos erros con contraataques.

Ao final 16 – 81, nun partido moi valinete dos peixiños, que en ningún momento se rinidieron nin deixaron de tentar de facer o seu xogo.

Animo Peixiños, o esforzo sempre ten recompensa e  isto só acaba de empezar!!!

RESULTADOS E CLASIFICACION

Liga aousan: cadete b




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *