INSADENT

OPTICA CAMPELO PXG 60 – 76 BOSCO

Segundo partido do OPTICA CAMPELO MARIN PEIXEGALEGO NA LIGA GALEGA PREINFANTIL.

Encontro vibrante  o que se viviu na raña o domingo as 12 da maña fronte ao BOSCO SALESIANOS “05” de Ourense, a priori o equipo mais potente do grupo.

Partido enormemente igualado en todo o momento cun alto nivel de exixencia física, con moito acerto dos rapaces. A igualdade foi a máxima no partido, 14-19 no primeiro cuarto.

No segundo, pouco antes do descanso, os ourensáns fóronse de 10 puntos, pero nun último arreón chegamos ao ecuador cun 33-39.

A saída do vestiario dos peixiños moi motivados fixo que non só recortaran a vantaxe, senón que déronlle a volta ao marcador situándose por diante, mais a reacción non foi rematada, con varias oportunidades para abrir oco, as perdas de balón volveron a situar por diante aos rivais, 50-53.

As diferenzas mantivéronse entre os 4 e 6 puntos ata que no derradeiro minuto se escaparon definitivamente e deixaron o marcador nun enganoso 60-76.

En resumo, enorme partido dos de Vítor Holmberg e Adri Ferré ante un grandísimo equipo.

Vindeiro encontro o próximo domingo en Allariz.

RESULTADOS E CLASIFICACION

XORNADA PREVIA: SIGALTEC – OPTICA CAMPELO PXG




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *