alter saude

C.B.ALLARIZ 80 – 88 ALTER SAUDE PXG

Primeiro partido da liga galega cadete do MARIN ALTER SAUDE PEIXEGALEGO. un encontro moi complicado por moitos motivos: polo nivel  que entrañaba o rival, por ser o primeiro de liga e a falta de acoplamento propia de este momento da temporada. Pero sobre todo pola dificultade que entrañou o desprazamento pola vaga de lumes que estamos a sufrir en Galicia, e que obrigou a atrasar o partido para facilitar a chegada dos árbitros e os peixes.

Así que con esas premisas saltaba o balón o aire, en un igualado primeiro cuarto os locais levaban a iniciativa 26-23.

Partido con moitas alternativas,  dinámica que se mantivo no segundo cuarto, pero o parcial foi para os nosos que conseguiron marchar para o vestiario por diante no electrónico  por tan só un punto 43-44.

Terceiro cuarto en que os chicos de Diego Gómex fixéronse coa iniciativa e unha pequena vantaxe de 7 puntos 58-65.

A pesares dos intentos dos alaricanos por darlle a volta ao marcador, a primeira vitoria viaxou cara a Marín por 80-88.

As claves da vitoria: malia non estarmos ben en defensa, aspecto que hai que seguir traballando, o rebote en ataque propiciou varias accións de segundo tiro e uns cantos 2+1. Grande aportación dos nosos pivots, acerto dende a liña de tres e bo debut de Pedro, a nova incorporación ao equipo nesta tempada.

Próxima xornada fronte a Bosco Salesianos.

#forzapeixe

RESULTADOS E CLASIFICACION




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *