alter pxg

BOSCO 50 – ALTER SAUDE PXG 79

BOSCO 50 – ALTER SAUDE PXG 79

Segundo partido de liga galega cadete,  a priori asequible para os nosos peixes fronte a un rival, unha escuadra solvente e ben dirixida, pero a que os nosos cadetes lle teñen tomada a medida, sempre fomos quenes de impomernos, xa dende a final da liga galega en categoría alevín.

Porén, nesta ocasión, dos dez xogadores de que dispuñamos, só puideron xogar sete, debido a que se esqueceron de levar a segunda equipación ou o DNI. Un feito que podería haber condicionado o curso do encontro, e que puido representar ser un problema nos minutos finais aos que  se chegou con dous eliminados por faltas e outros dous con catro. Aínda que a vantaxe era abonda, puido darse o caso de teren que rematar o partido con catro ou tres xogadores en pista. Esperemos que os peixes tomen nota para que non se repite esta situación.

En certo xeito esta desvantaxe inicial converteuse en vantaxe, os xogadores en pista dérono todo, protexéronse das faltas e se aplicaron con intensidade superando ao rival en todos os parciais: 19-27, 10-13, 13-22, 8-17.

O control dos peixes no rebotedefensivo foi crucial, sobre todo coa axuda de xogadores exteriores, a ausencia dos que non puideron xogar, castigaba sobre todo o xogo interior.

A destacar as porcentaxes en tiros exteriores (T3 27%, T2 47%) e en tiros libres (74%) con 31 lanzados, que foron determinantes para o resultado final.

O vindeiro domingo poderemos velos e animalos na Raña fronte o EDO Blanco Amor El Carmen.

RESULTADOS E CLASIFICACION

XORNADA PREVIA




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *