alter pxg

ALTER SAUDE PXG 79 – 61 EDO BLANCO AMOR

ALTER SAUDE PXG 79 – 61 EDO BLANCO AMOR:

Terceiro partido da liga  Galega 1° división Cadete masculino, e o primeiro na casa para os nosos cadetes.

No primeiro cuarto cun parcial de 25-11 os peixes apuntaban alto, baseando sobre todo a sua vantaxe, nun gran traballo defensivo.

No segundo cuarto os chicos de Diego Gomez  sairon mais espesos, porén, foi para os ourensáns (14-22), poñendo o marcador nun apretado 39-33.

Pero no terceiro, novamente a aplicación en defensa fixo que os nosos  acadaran unha vantaxe que a postre sería definitiva, cun parcial de (20-9) neste periodo.

O derradeiro tempo foi igualado (20-19), pero o saldo acadado nos previos decantou o marcador final.

O balance de faltas fala da intensidade defensiva de ambos equipos (20 a 9), a quinta marcha dos de Diego foi un dos pilares de que a vitoria quedase en Marín xunto ao o dominio do rebote,  e o acerto de tiros triples (14 convertidos de 30 lanzados cun 46,6%) nos que ata seis dos nosos xogadores acertaron na canastra contraria; cabe destacar un dos nosos pivots que meteu tres dos seis intentos.

A próxima xornada será dentro de quince días, por mor do parón do torneo de seleccións autonómicas que vaise xogar en Marín, e no que, non esquezamos, temos a dous peixes cadetes convocados, Pablo Castro e Noh Pereira e levaranos á casa do rival máis forte desta liga, CB Tui.

#Forzapeixe

CLASIFICACION E RESULTADOS

XORNADA PREVIA




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *