OPTICA CAMPELO PXG

OPTICA CAMPELO PXG 77 – 39 PBB “B”

Liga galega preinfantil: OPTICA CAMPELO PXG 77 – 39 PBB “B”

Cuarta xornada da liga galega preinfantil masculina, onde recibiamos no Sequelo a visita dun dos dou equipos que aínda permanecían invictos neste grupo sur.

Os rapaces de Víctor Holmberg realizaron un fantástico partido ante un gran rival. Nun inicio trepidante, os peixiños mostráronse incisivos na presión e moi acertados en ataque. No primeiro cuarto xa acadaban as primeiras diferencias 19-8.

No segundo cuarto a tónica mantíñase igual, moita intensidade defensiva e moito acerto en ataque sobre todo dende a media e larga distancia, algo que foi capital, pois os de Porriño facían valer o tamaño do seu Pivote que controlaba a pintura. No ecuador a brecha era evidente 41-18.

Na segunda parte os do PBB vencían a presión con varios contraataques, pero un tempo morto de Víctor, devolvía a orde, e os peixiños seguiron no mesmo senso, loitando, movendo o balón con soltura e sobre todo, aportando todos no ben do equipo.

60-26 no terceiro cuarto e o definitivo 77-39, que amosa o ben que están a traballar os de Holmberg, Nunha vitoria adicada a Martín e Iago que non puideron xogar por estar aínda convalecentes.

Próxima parada despois do paro do próximo fin de semana, en Marín ante o Giraldo, na loita por consolidar a segunda praza.

 

CLASIFICACION E RESULTADOS

XORNADA PREVIA




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *