cronica

CRONICA XORNADA 27-28 XANEIRO

Crónica Xornada 27-28 de xaneiro. Gracias aos nosos  delegados e colaboradores que hacen posible esta sección.
LIGA GALEGA CADETE MASCULINO

ALTER SAÚDE MARÍN PXG 59 – 65 CB TUI MASCATO
Gran partido o vivido na mañá do domingo no renovado pavillón da Raña fronte ao líder invicto da competición. O encontro resultou moi igualado ata o punto de chegarmos aos cinco minutos finais cun 55-55.
Pero foi neste cuarto tempo onde os nosos peixes se viron superados, con só 6 puntos anotados fronte aos 16 do rival. Esa foi unha das claves da derrota. Os parciais: 16-20, 18-17, 19-12, 6-16.
As ocasións nas que estes cadetes teñen gañado a Tui sempre foi grazas á efectividade do tiro triple que neste partido so conseguiron 9 convertidos de 34 intentos. Por outra banda faltaron ideas para atacar a súa defensa en zona que nos fixo moito dano.
A falta de tres xornadas seguimos no segundo posto con sete vitorias fronte a 4 derrotas.
A vindeira semana visitamos a cancha do COB de Ourense que na primeira volta gañou na Raña.

CADETE MASCULINO B

MARIN PXG B 32 – 49 CB. O MECO
Partido ante o líder desta fase regular da liga arousana cadete masculina.
Forza Peixe!!

CADETE MASCULINO C

MARIN PXG C 15- 77 CB GROVE
Abultada derrota ante un dos gaios desta categoría, pero con un moi meritorio partido dos chicos que tiveron que xogar sen cambios por mor das lesións e contando con infantís nas suas filas.
Depois destas 3 últimas semanas onde os peixiños xogaron contra os tres primeiros da competición, entran agora nunha nova fase da liga.
A seguir traballando chavales e Forza Peixe.

CADETE FEMENINO

VEPERSA MARIN PEIXEGALEGO 36 – 56 MECO ACADEMIA OXFORD
Encontro xogado no Sequelo o domingo a tardiña ante as lideres da liga, únicamente perderan un encontró atá este intre
A seguir peleando peixiñas!

INFANTIL FEMENINO

O RURAL MARIN PEIXEGALEGO 58 – 32 CLINICA LOPEZ&CALVIÑO
Outro gran partido das peixiñas, que seguen imbatidas con 8 victorias e cero derrotas, tras o Rio Ulla co mesmo numero de vitoprias e unha derrota, polo tanto cun partido mais.

INFANTIL MASCULINO

CB DORNA 73 – 36 MARIN PXG

Derrota antes os lideres da liga zonal na Illa de Arousa. Próxima parada contra o Meco

PREINFANTIL FEMENINO GALEGA

Dobre envite nestte fin de semana para as peixiñas. Ante Costa Artabra o sábado pola mañan e en Vilagarcia e o Domingo pola tarde.
LA HUERTA DE LA ABUELA MARÍN PXG 66 – 16 BBCA
Partido cómodo para as nosas chicas que foron quén de imponer o seu ritmo dende os primeiros intres e pechar o encontró no terceiro cuarto.
CLB 37 – 62 LA HUERTA DE LA ABUELA MARÍN PXG
Partido xogado no pavillón de Castelao en Vilagarcia correspondente á xornada 12 do campionato preinfantil e grupo norte.
Meritoria vitoria das nosas nenas do preinfantil tras un partido moi esixente no que ao final do primeiro cuarto as locais dominaban por 14-8.
Na continuación as peixiñas remontaron cunha defensa axfisiante e rápidos contraataques q traducíronse nun 16-25 ao descanso.
Na segunda parte o partido seguiu co mesmo guión, onde as nosas dominaron o rebote en ambas as canastras e provocaron faltas no equipo rival que alcanzaron bonus moi rápido dando moitas opcións de tiros libres. Ao final do terceiro tempo o marcador reflectía un 25-46.
Destacar a achega coral de todas as nenas e moi especialmente de nosas minis Daniela e Sara que callaron un gran encontro.
Parabéns ao conxunto rival CLB que foi un rival durísimo e con gran proxección.
Próximo partido contra Estudantes de Lugo o vindeiro sábado, único equipo que derrotou ao noso equipo.
Moita sorte e forxa Peixe!!!!

PREINFANTIL MASCULINO GALLEGA

CB VILAGARCIA 43 – 74 OPTICA CAMPELO MARIN PXG
Gran encontró dos de Victor Holmberg na sempre difícil cancha de Castelao ante o CB Vilagarcia.
Os peixiños enseguida impuseron un alto ritmo defensivo no encontró e unha aportación coral para decidir o partido que finalmente se resolveria 43-74.
Mantemos o segundo posto deste grupo sur da liga galega preinfantil a falta de duas xornadas da competición. Nos agardan Seis do Nadal na casa, e Tui fora.

MINI FEMENINO

CB ARXIL C 43 MARIN PXG 63
Outro gran partido das peixiñas que conseguiron imponerse ao Arxil, neste caso en cancha contraría e seguen invictas nesta fase.
Despois dun inicio igualado, as nosas colleron unha vantaxe importante no 2º cuarto, aínda que as locais recuperaron terreo no 3º. Tras o descanso as nosas mantiveron a diferenza, despegandose no último tempo.
As peixiñas ocupan o segundo posto cun record de 6-0 detrás do Rio Ulla cun partido mais e co mesmo número de vitorías e unha derrota.
Próxima partido ante o Grove.

MINI MASCULINO GALLEGA

NOVOBASKET 33 – 70 INSADENT MARIN PXG
Partido moi loitado a pesares das diferenzas onde os vigueses non perderon nunca a cara ao partido, nun encontró en que os nosos en liñas xerais pecaron de individualismo e se mostraron moi fallóns.
Fin da primeira fase desta liga galega na que os Peixiños de Julian rematan invictos a espera de que se conforme o novo grupo xunto aos mellores do Sur A, previsiblemte Tui, Porriño e Blanco Amor, mais Seis do nadal e Novobasket do noso grupo.

MINI MASCULINO

XUVEN 52-61 MARIN PXG
Moi bo partido dos peixiños ante o segundo clasificado do grupo.
A vindeira semana esperalles o Giraldo de Vilagarcia.

PREMINI FEMENINO

MARIN PXG 30-31 C.B. ARXIL
Partido reñido en vibrante que se decidiu por tan só un punto. Bravísimas as peixiñas.

PREMINI MIXTO

CB. O MECO 50 – 28 MARIN PXG

Bó encontro d@s nos@s peixiñ@s que melloran cada día.

PREMINI MASCULINO

MARIN PXG 32-33 XUVEN
Trepidante encontro decidido por tan só un punto.
Os nosos peiximos empezaron gañando levando ata unha vantaxe de 12 puntos pero o Xuven conseguiu remontar e nun apertado final levaron a vitoria dun punto.
Partidazo gozado polos peixiños e pais




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *