Alter Saude Marin Peixegalego

ENORME TEMPORADA DO ALTER SAUDE PXG

O Alter Saúde Marin Peixegalego xogou  esta fin de semana a final a 4 disputada entre os clasificados do 2º ao 5º para  determinar que equipo acompañaría ao campión de liga, CB Tui, ao campionato de España de clubs.

O torneo gran xogado polos peixiños  puso o colofón definitivo a unha temporada espléndida.

O sábado venceron ao Estudiantes Lugo Leyma Natura nun grandísomo partido, no que foron sempre por detrás no marcador dende o 18-10 e, no que malia ás tres técnicas e a descompensación en faltas (28 para os nosos fronte ás 20 do rival) non se viñeron abaixo e loitaron ata o final. Mediado o derradeiro cuarto os nosos cinco xogadores en pista estaban con catro faltas. Parecía imposible gañar, pero o que levan demostrando estes rapaces dende novos e o seu xen competitivo e o tremendo corazón que teñen. Así que a pouco do final, unha boa serie de contraataques e un bo control do tempo deunos a vitoria e o pase á final por 65-67

Xa o domingo, contra o Cenor Obradoiro CAB, os nosos peixes saíron moi tensos e a distancia de 21-12 do primeiro cuarto non fixo máis que aumentar: 28-17 (7-5), 51-33 (23-16) e 69-52 (18-19) dado o enorme acerto do equipo santiagués. Noutros encontros semellantes teñen sido quen de remontar e así o intentaron durante os dous últimos cuartos, pero en canto se achegaban, unha serie de triplas rivais aínda facía máis ampla a diferenza

Unha mágoa, porque estivo ao seu alcance asistir de novo a un campionato de España de clubs, pero debemos estar orgullosos da tempada feita por Diego Gómez e esta gran xeración de 2002 que tantas alegrías teñen dado e que darán a parroquia peixiña, xa foron campións de liga en alevín, subcampións en infantil e agora en cadete, terceiros. Un equipo formado por uns rapaces que xogan xuntos dende moi pequenos, escasos en altura, iso si, pero sobrados de corazón, amizade e competitividade.

#forzapeixe

Links:

F4 KDT

FEGABA F4




Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *