Moriarti escribió:UH, moi bo tema. a verdade que sempre escoitara algunha outra versión, ou máis lenta ou dalgún outro grupo que a destrozara... pero non gostei tanto como desta, e iso que eu hoxe amañecera guerreiro!
e xa que estou... sabe alguén como vai acabar esta competición este ano? haberá liga cos catro mellores de cada grupo polo ascenso? enfrontamentos directos? nada de nada? se dos 2 primeiros se trata, a miña aposta é, como non podería ser doutro xeito, campus e allariz, aínda que me reservo o cambio de tui por allariz dado o caso.
por certo, que lle agradezo ao compañeiro que anime un pouco isto de cando en vez
sorte!
Prezado Moriarti. Grazas por te gostar os temas de Womack & Womack.
Descolocáchesme porque sempre te relacionei coa órbita do Cruz Alta. Me imaxino que a túa quini para o ascenso é por pensamento deportivo e non por por seren dese clube ¿non si?.
Ben, noutra cousa, que preguntabas:
Teño entendido que os 2 de cada grupo se concentran en réxime de fin de semana con formato de todos contra todos (é dicir 3 partidos). Non estou para nada de acordo. Resulta que fan grupo norte-grupos sur, en teoría para aforrar cartos nos desprazamentos. Póñense árbitros locais para aforrar cartos tamén e logo resulta que a fase quérese facer ao grande: (hotel, comidas, etc...) Unha fase destas para un clube poden ser 3.000 € e se quere optar a organizala, pois xa non sei calcular para por un aval en subasta.
Eu, seguindo a mesma liña de contención de gasto, faría eliminatoria a 2 partidos co partido de volta na casa do mellor clasificado e cos cruces 1º norte-2º sur e 2º norte-1ºsur. Ou se se quere facer fase, facela en formato final four, sábado as 2 semifinais para ascender e o domingo a final para dilucidar o campión. Así, o clube que poda quédase e o que esté pobre pode volver para casa e marchar ao día seguinte.
Para o resto dos postos, creo que se fai unha eliminatoria a 2 partidos co partido de volta na casa con mellor balanzo de vitorias. É dicir, 3º norte-3º sur, 4º norte contra 4ºsur, etc... O mellor balanzo sería polas victorias acadadas e se hai empate me imaxino que irían ao basket-average de pontos.
Pra descender, sei que son os 2 últimos de cada grupo pero non me informei aínda de cómo é formato.
Tamén digo que non me extrañaría que a mami fegaba trocara os formatos nalgunha xuntanza ulterior. Xa veremos.
Se me trabuco ou faltame información, por favor que alguén me corrixa.
Un saludo, Moriarti e para todos os afeccionados.
